A Sociedad Deportiva Teucro tivo que acudir ao mercado para reforzar o seu plantel, que se daba por pechado, ante a saída por sorpresa de Álex Pombo e a lesión de César Armán, que a falta de confirmación podería perderse a tempada.
Estas dúas baixas no extremo obrigaron os de Quique Domínguez a buscar solucións de urxencia, unha solución que encontraron a escasos quilómetros da cidade de Lérez, no Balonmán Cangas.
Trátase de Adrián Pumar, extremo esquerdo, que a pasada tempada militou no filial cangués en Primeira Nacional alternando presenzas no primeiro equipo.
Pumar, de 25 anos, asina por unha tempada e xa se puxo ás ordes de Quique Domínguez.