Agus salva un punto para o Ribadumia nos minutos finais

O Salnés
27 de setembro 2015

O cadro aurinegro empatou a un tanto en casa ante o Ribadeo

Partido entre Ribadumia e Boiro na A Senra
Partido entre Ribadumia e Boiro na A Senra / Diego Torrado

Complicado partido para o Ribadumia na Senra ante un correúdo Ribadeo (1-1).

O conxunto aurinegro tivo que empregarse a fondo para salvar un empate, e só o logrou nos últimos minutos tras permanecer boa parte do partido a remolque no marcador.

Cabado adiantou ao Ribadeo aos 17 minutos, e non foi ata o 87 cando Agus facía xustiza e salvaba un punto que evita ao Ribadumia caer aos postos de descenso.

O cadro do Salnés queda con este resultado na décimo sexta praza da Terceira División con 5 puntos.