Alain Ribeiro, elixido MVP da xornada 32 en Primeira RFEF

Pontevedra
15 de abril 2026

O futbolista do Pontevedra acaparou a maioría dos votos para ser escollido mellor xogador da xornada, grazas en gran medida ao seu hat-trick contra a Ponferradina

Alain Ribeiro, no partido entre Pontevedra CF e SD Ponferradina en Pasarón
Alain Ribeiro, no partido entre Pontevedra CF e SD Ponferradina en Pasarón / Cristina Saiz

Por primeira vez no que vai de tempada, un xogador do Pontevedra Club de Fútbol fíxose co MVP da xornada de Primeira RFEF.

Alain Ribeiro, co seu hat-trick fronte a Ponferradina, acaparou a gran maiorí­a de apoios na votación aberta nas canles oficiais da competición.

O granate sumou o 62,9% dos votos para ser coroado como o mellor xogador da xornada 32 do campionato.

Superou de maneira ampla a Hugo González (Celta Fortuna - 14,17% dos votos), Joselillo (Vilarreal B - 14,17%) e Palacios (Real Madrid Castilla - 7,7%).

O triplete de Alain, que puido ser un póker de goles se non lle fose anulado outro tanto por fóra de xogo, supuxo o primeiro hat-trick dun xogador do Pontevedra desde que Rufo asinase o último en setembro do ano 2023.

A gran actuación do 6 granate foi compartida por parte da Primeira RFEF cun vídeo dos momentos que lle valeron para ser nomeado MVP.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora