Dous atletas da Sociedad Gimnástica lograron, na súa primeira competición do ano, a marca mínima esixida para participar no próximo Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta.
Trátase de Alberto Salcedo e Lysvanys Pérez, primeiros deportistas do club pontevedrés clasificados para a cita que se disputará os días 21 e 22 de febreiro en Antequera.
Precisamente na localidade malagueña Salcedo correu os 200 metros en 21 segundos e 64 centésimas, unha marca que o coloca entre os favoritos para lograr un título que xa conquistou no ano 2013 e que non puido defender por lesión en 2014.
Pola súa parte Lysvanys saltou 2 metros e 7 centímetros en Antequera na modalidade de altura, deixando atrás os problemas físicos que arrastra dende o Nacional Absoluto da pasada tempada, no que se lesionou ao inicio da competición.