Alejandro Muñiz repetirá por segunda tempada como árbitro de Primeira División

Pontevedra
20 de xuño 2022

O colexiado pontevedrés manterase por segunda tempada na máxima categoría do fútbol nacional, tal e como sinala o Comité Técnico de Árbitros (CTA) tras publicar as novas listaxes de Primeira e Segunda División actualizados os ascensos e descensos de categoría

Alejandro Muñiz no quecemento dun partido da Primeira División 2021/2022
Alejandro Muñiz no quecemento dun partido da Primeira División 2021/2022

Pontevedra seguirá contando cun árbitro na Primeira División do fútbol nacional, ao conseguir Alejandro Muñiz Ruiz a súa permanencia na máxima categoría.

Así se reflicte na listaxe de colexiados para as ligas profesionais para a campaña 22-23 publicado este luns polo Comité Técnico de Árbitros (CTA) da Real Federación Española de Fútbol, actualizado cos ascensos e descensos de categoría.

A boa noticia para a arbitraxe galega chega da man do coruñés Javier Iglesias Villanueva, que acompañará a Muñiz Ruiz na elite que compoñen os 20 árbitros de Primeira División.

Os que causan baixa na principal categoría do fútbol nacional son Jaime Latre (Aragón) e Cordero Vega (Cantabria).

No seu primeiro ano na elite, Muñiz dirixiu un total de 19 partidos, xunto a súa presenza noutros encontros como parte do equipo de vídeo-arbitraxe, cunha media de 5,35 tarxetas amarelas mostradas por encontro e de 0,40 expulsións.