Acabar a tempada Álex Freire, lesionado de gravidade no seu xeonllo e que se perderá o que resta de tempada.
Así o comunicou o Arosa tras confirmar as probas médicas que sofre unha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo, tendo afectado tamén o menisco.
Aos seus 26 anos, é a terceira vez que o pontevedrés se enfronta a unha das lesións máis temidas polos futbolistas, a segunda desde que milita nas filas do club vilagarcián.
O lateral lesionouse no último adestramento do ano, no campo de fútbol de Monterredondo, en Corón, e xa pensa en operarse canto antes para "recuperarme e quedar ben", segundo explicou en declaracións recollidas pola web do Arosa.
Ante esta situación, o club da Lomba sonda o mercado en busca de reforzos para afrontar a segunda metade da tempada.