Aos poucos o Pontevedra 2017/2018 empeza a tomar forma. Se o martes foron Álex Fernández e Adrián Mouriño os primeiros en confirmar a súa renovación, este mércores sumouse ao carro un futbolista máis.
Álex González seguirá sendo xogador do Pontevedra unha campaña máis ao aceptar a proposta que lle trasladaba a dirección deportiva.
O futbolista cántabro, que chegou o pasado verán ao club procedente do Lealtad, cumprirá así a súa segunda campaña en Pasarón.
No seu primeiro ano como granate Álex, que actuou principalmente no interior zurdo pero tamén nalgunha ocasión como lateral, xogou un total de 37 partidos oficiais entre liga e play-off (17 deles como titular) anotando dous goles.
Con el son catro os nomes confirmados polo de agora para o novo proxecto deportivo, ao sumarse aos renovados Mouriño e Álex Fernández e tamén a Kevin Presa, que ten contrato en vigor.