O Pontevedra Club de Fútbol visitará este domingo ao CD Tenerife, campión de forma matemática do grupo I de Primeira Federación e único equipo capaz de gañar no Municipal de Pasarón no que vai de competición.
Álvaro Cervera, técnico do conxunto tinerfeño, analizou ao conxunto granate na súa rolda de prensa previa ao encontro que se disputará no Heliodoro Rodríguez a partir das 17:00 (hora peninsular).
E é que a pesar de contar co aliciente de recibir o trofeo de campión neste partido, Cervera admitiu que o Pontevedra é un rival complicado porque "si que están en plena competición loitando por un play-off e nós estamos na competición pero sen nada que conseguir".
Isto non significa que o partido sexa fácil para os granates xa que, tal e como explicou o propio técnico, hai dúas semanas fixeron un dos seus mellores partidos como locais contra o Barakaldo (2-0) a pesar de proclamarse campións uns minutos antes de saír ao campo grazas á derrota do Celta Fortuna.
Afirmou Cervera que "nós imos tentar competir, a facer un bo partido e a acabar ben en casa" pero tamén recoñeceu que "o partido vai ser complicado porque hai un rival diante que na segunda volta está a facelo moi ben e xoga moi ben".
En relación ao once inicial é unha incógnita saber os xogadores polos que apostará Cervera. Entre unha aliñación máis reconocible como a de hai dúas semanas fronte a Barakaldo ou unha con rotacións como a que presentou na última xornada ante Unionistas, o técnico afirma que será "metade e metade" xa que xogan en casa e "non é o mesmo".
"Non vai ser nin unha cousa nin a outra. Imos tentar ser xustos coa xente que xogou menos pero tamén hai que ser xustos coa xente que xogou máis porque é o último partido en casa", afirmou.
Os de Rubén Domínguez terán que asinar un das súas mellores actuacións da tempada para tratar de sumar os tres puntos necesarios para certificar, de forma matemática, a clasificación para a fase de ascenso a Segunda División.
Rueda de prensa de Álvaro Cervera (#CiudadDeportiva).
— CD Tenerife 🏴 (@CDTOficial) May 15, 2026
▶️ [𝐃𝐢𝐫𝐞𝐜𝐭𝐨] 🔗 https://t.co/9QQO7H4tIm #TenerifePontevedraCF #LaBregaNosUne pic.twitter.com/uLW8qP1wDh
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.