Álvaro Juncal e Sergio Doval, novos árbitros de Primeira RFEF

Pontevedra
25 de xuño 2024

Dous representantes do Comité Técnico de Árbitros (CTA) de Pontevedra, o colexiado principal Álvaro Juncal e o asistente Sergio Doval, lograron o ascenso de categoría 

Álvaro Juncal Moreira, árbitro pontevedrés de fútbol Real Federación Galega de Fútbol

A arbitraxe pontevedresa está de parabén, e é que dous dos seus representantes lograron ascender de categoría chegando á esixente Primeira RFEF.

Trátase do colexiado principal Álvaro Juncal Moreira e do asistente Sergio Doval Gil.

Así aparece reflectido no informe arbitral da tempada publicado a última hora deste luns polo Comité Técnico de Árbitros (CTA) nacional, no que se recolle todos os ascensos e descensos das principais categorías.

Na máxima categoría o CTA de Pontevedra seguirá representado por Alejandro Muñiz Ruiz por cuarta tempada consecutiva, segunda como colexiado internacional FIFA.

Con todo a principal novidade para a arbitraxe pontevedresa chega no terceiro chanzo do fútbol masculino, a Primeira RFEF, á que logrou ascender Juncal Moreira despois de só tres campañas en Segunda RFEF, nas que dirixiu un total de 38 partidos. Logra o ascenso con 25 anos de idade e aínda moita marxe para seguir mellorando.

Con el logra o salto á mesma categoría Sergio Doval, no seu caso como asistente.

A noticia negativa produciuse na asistente Iris Romero, que tras un ano na Primeira División Feminina non continuará na categoría.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora