O Pontevedra Club de Fútbol cambiará o seu horario habitual de xogo para o seu próximo partido na casa.
O club granate anunciou este xoves que o encontro ante a Cultural Leonesa xogarase finalmente o sábado 8 de abril ás 20:00 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
Será a priori o encontro máis esixente que afronte o equipo na recta final da tempada, ante un conxunto que dominou a clasificación do Grupo I da Segunda B desde o inicio de liga e que se está disputando o primeiro posto con Celta B e Rancig.
Tras o partido ante a Cultural Leonesa, o Pontevedra entrará nunha fase de competición na que se enfrontará de maneira consecutiva a tres equipos galegos, o Somozas (fóra), Coruxo (en Pasarón) e Boiro (fóra). Unha vez superados os derbis só quedarán dous partidos para pechar a liga regular, ante o Arandina en Pasarón e Caudal a domicilio.