Non foi o día de Antía Chamosa no Campionato do Mundo de 20 quilómetros marcha celebrado en Budapest, finalizando no posto 29 cun crono de 1h34:20. A medalla de ouro foi para a española María Pérez cun tempo de 1h26:51.
Era o debut da pontevedresa nun Mundial, pero a humidade e o sol condicionou a súa carreira ademais da acumulación de dúas faltas.
"Fíxose duro", admitiu a marchadora a RTVE. "Como o ano pasado non me atopei ben, pero non podo facer nada, o corpo non me respondeu", lamentou.
A pesar diso, Chamosa vaise contenta porque era o seu primeiro mundial e "xa era un premio estar aquí".
Agora, a pontevedresa vaise de vacacións "contenta e moi feliz pola marcha española" e o resultado da súa compañeira María Pérez, que chegou a meta en solitario e deulle a España o metal dourado.
O podio completárono a australiana Jemina Montag, segunda, e a italiana Antonella Palmisano, campioa olímpica en Tokio 2020