Antía Jácome regresa á competición no Europeo de Munich

Pontevedra
17 de agosto 2022

A padexeira olímpica pontevedresa, ausente no recente Mundial, será unha da principais baza de medalla para o piragüismo pontevedrés no Campionato de Europa Sprint que comeza este xoves, e no que estará tamén o flamante ouro mundialista Adrián Sieiro

Antía Jácome en Verducido no selectivo para os Xogos Olímpicos de Tokio
Antía Jácome en Verducido no selectivo para os Xogos Olímpicos de Tokio / Mónica Patxot

Tras o éxito conseguido no recente Campionato do Mundo Sprint en Canadá, o piragüismo pontevedrés encara o último gran reto do verán no Europeo que comeza este xoves 18 de agosto na localidade alemá de Munich.

Será a volta á competición da olímpica pontevedresa Antía Jácome, ausente no Mundial e que na cita continental aspira todo o máis alto nas probas curtas de canoa. A padexeira do Ciudad de Pontevedra competirá no C-1 200 e tamén no C-2 200 formando equipo coa madrileña María Corbera, estreándose en ambos os dous casos coas clasificatorias o venres día 19.

Tamén estará en Alemaña o flamante campión mundialista Adrián Sieiro (Piragüismo Poio Pescamar), aínda que esta vez para competir no C-2 500 xunto ao balear Joan Antoni Moreno, con clasificatorias xa este xoves 18 e final previs para o domingo 21.

Pola súa banda Diego Romero (Breogán do Grove) estará presente no C-1 5.000 metros, con final o sábado 20 de agosto, e o cangués Pablo Graña competirá no C-1 200.

No Campionato de Europa de Piragüismo participarán un total de 650 padeeiros de 45 nacionalidades.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora