Unha medalla de prata é o botín de Antía Jácome e Antía Otero na Copa do Mundo de Piragüismo Sprint celebrada en Szeged, Hungría.
Na mesma pista que uns días antes se celebrou o Preolímpico, sen lograr clasificar o C-2 500 metros, as padexeiras da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra volveron a sorrir sacando en parte esa espiña.
Otero e Jácome conseguiron un brillante segundo posto no C-2 200 metros, cun tempo de 46:03 e só superadas polas rusas Andreeva e Romasenko.
¡¡PLATA, PLATA, PLATA!!
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) May 16, 2021
Enormes @antiajacc y @antiaotero_ logrando un fantástico segundo puesto en el C2 200 metros.
Solo han podido con ellas las rusas Andreeva y Romasenko. pic.twitter.com/J9jWCHgksk
Ademais estiveron presentes noutra final, no C-2 500, terminando na sexta posición.
Tras esta cita e sen posibilidades de ir a Tokyo na embarcación dobre, Antía Jácome ten por diante un último selectivo nacional no que se xogará un billete para os Xogos no C-1 200.