O partido amistoso previsto entre o Pontevedra Club de Fútbol e o CD Arenteiro cambiou de data debido aos compromisos do conxunto ourensán na Copa Federación.
O encontro, que estaba fixado para este mércores 13 de agosto no Estadio Municipal de Pasarón ás 20:30 horas, foi aprazado despois de que o equipo do Carballiño lograse clasificarse para os cuartos de final do torneo.
Desta forma, o duelo disputarase finalmente o venres 15 de agosto ás 11:30 horas, no mesmo escenario.
Este cambio provoca que o Pontevedra afronte dous partidos amigables en menos de 48 horas, xa que o sábado 16 de agosto ás 20:00 horas visitará ao Villalonga FC no Campo de San Pedro.
Este será o sexto encontro da pretempada para os granates, que seguen en plena preparación de cara ao comezo do curso ligueiro.