O cuarto amistoso de pretempada do Pontevedra Club de Fútbol terá que esperar.
Os granates debían xogar este mércores 6 de agosto fronte ao Estradense no Novo Municipal da Estrada, ás 21.00 horas, pero o duelo foi aprazado debido á alerta meteorolóxica de nivel laranxa-vermello activada en Galicia pola calor.
A Secretaría Xeral para o Deporte decretou a suspensión da actividade deportiva federada no exterior para este mércores nos municipios do interior da provincia, entre eles A Estrada.
Unha situación que obrigou a cambiar de data o duelo.
Nun inicio informouse de que o partido se pasaría a xogar o próximo sábado 9 de agosto, xa que o Pontevedra non tiña programado ningún amigable durante a fin de semana, pero finalmente fixouse para este xoves 7 de agosto ás 21.00 horas.