O Arosa empata co Silva e xogarase o pase ao play-off na Lomba

O Salnés
03 de maio 2025

Os arlequinados empataron a un na Grela e mantéñense na quinta praza, presionados por un Alondras ao que se enfrontarán na última xornada

Once do Arosa contra o Silva Arosa SC

O Estadio Municipal da Lomba ditará o futuro do play-off a Segunda RFEF para o Arosa e o Alondras. Os arlequinados, que empataron a un ante o Silva, mantéñense na quinta praza, pero presionados polo equipo de Cangas, que tamén empatou.

O partido arrincou con control dos de Lemos, que dominaban en área rival e xeraban numerosas ocasións de perigo que desbarataba a defensa dun Silva que se mostraba moi seguro atrás.

No ecuador do primeiro tempo o Silva estivo a piques de porse por diante por medio de Lamas, pero Carlos Torrado apareceu baixo paus para evitar o que puido ser o primeiro gol do enfrontamento.

Colleron ritmo entón os locais, pero foi Compa o que tivo unha das máis claras ocasións nas súas botas tras un erro de Carlos García e Uriel. O xogador visitante plantouse ante o gardameta, pero non controlou ben.

Cando puido adiantarse o Arosa, con todo, foi no minuto 39 nun contragolpe, pero o disparo de Compa botou entre o tres paus e, aínda que se dubidou de si o esférico entrara, o linier dixo que non houbo gol. Acto seguido, Concheiro obrigou a intervir a Carlos García, que sacou unha boa man para evitar que o seu rival se adiantase, enviando o partido ao descanso nun 0-0.

Ao cinco minutos do regreso dos vestiarios, nunha falta mal defendida polo Arosa, Lamas chegou en segunda liña e puxo o 1-0 no marcador, que obrigaba aos visitantes a reaccionar.

Pero a zaga de Vilagarcía non paraba de cometer erros e o técnico decidiu mover ficha e cambiar a formulación do partido.

A fórmula e os cambios deron resultado e o Arosa atopou o premio tras unha xogada por banda esquerda. Noel deulla a Martín Diz e o balón chegou a Villaverde, que bateu a Carlos García para devolver as táboas a menos de dez minutos para a conclusión.

No tramo final e co partido aberto os visitantes buscaron o gol do empate, pero o resultado non se volveu a mover.

Consulta a acta neste enlace