As redes sociais énchense de felicitacións ao Pontevedra polo seu ascenso

Pontevedra
08 de maio 2022

O ascenso do Pontevedra CF a Primeira RFEF provocou que as redes sociais se encheran de felicitacións, e é que unha ocasión como esta ben merece unha ovación

Partido de liga entre Pontevedra e Salamanca CF UDS en Pasarón Cristina Saiz

O ascenso do Pontevedra CF a Primeira RFEF provocou que as redes sociais se encheran de felicitacións, e é que unha ocasión como esta ben merece unha ovación.

Son moitos os equipos que, a través das súas contas de Twitter, deron o parabén ao conxunto granate e recoñeceron o traballo feito durante toda a tempada.

"Felicitar ao Pontevedra polo ben merecido ascenso a 1RFEF. Que sigades medrando así!", poñía o CD Arenteiro; " Ao campión sempre gloria e moito recoñocemento unánime ao seu traballo", engadía o Coruxo.

Tamén se uniron ás felicitacións os galegos Racing de Ferrol, Arosa ou o Compostela; o Navalcarnero, o Marino de Luanco, e o seu rival deste domingo, o Salamanca, que aproveitou para agradecer ao club "o bo trato recibido", así coma outros clubs.

E por se isto fose pouco, ata o popular programa televisivo El Chiringuito transmitiu o seu "enhorabuena" ao cadro granate, un "club histórico que asciende a Primera RFEF".

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora