Aproveitando a celebración este mércores 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a Sociedad Deportiva Teucro presentou unha nova campaña para fomentar a asistencia ao Pavillón Municipal dos Deportes destinada ás súas socias.
Baixo o lema "as socias invitan", a entidade regalará unha entrada para o seu próximo partido a cada unha das súas socias para que poidan convidar a "a quen elas queiran", sinala o club nun comunicado.
O Teucro recibirá este sábado 11 de marzo (20:30 horas) ao Gijón Jovellanos no Pavillón Municipal dos Deportes co obxectivo de sumar a súa vixésima primeira xornada consecutiva sen perder e seguir consolidadndo a súa posición de líder destacado na División de Honra Prata de balonmán.
Quedan "sete finais" para conseguir o ascenso á Liga Asobal, polo que os azuis necesitarán "o empuxe de toda a afección" e á cidade "envorcada co equipo", recoñece a entidade teucrista, para poder conseguir retornar á máxima categoría.