As tarxetas amarelas, un problema para o Pontevedra

Pontevedra
09 de decembro 2019

Tres futbolistas do primeiro plantel atópanse a unha amoestación de cumprir ciclo e por tanto afrontar un partido de sanción, unha situación que se une ás lesións que arrastran varios xogadores

Partido de liga entre Pontevedra e Getafe B en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Getafe B en Pasarón / Diego Torrado

A falta de efectivos no Pontevedra Club de Fútbol mantén unha ameaza nos ciclos de amoestacións que aínda non cumpriron ningún xogador do plantel.

O conxunto dirixido por Carlos Pouso viaxou a Canarias con só 16 efectivos, 15 do primeiro plantel e o gardameta canteirán Diego Dadín por culpa das lesións que arrastran varios xogadores. Non é a primeira vez que o técnico non completa a lista de 18 que lle permite o regulamento. Ocorreu nas últimas datas e a situación pode agravarse ante a chegada das sancións por acumulación de amoestacións.

Contra o filial amarelo tres foron os futbolistas do Pontevedra que viron un cartón amarela como Sana N'Diaye, Berrocal e Javi Pazos, aínda que ningún deles pasaron afortunadamente a engrosar a lista de apercibidos.

Tres dos futbolistas do primeiro plantel encóntranse ao bordo da suspensión, con 4 tarxetas. Trátase de Churre, Pol Bueso e Álex Fernández. Ademais con tres amarelas aparecen Adighibe, Javi Pazos, Álex González e Álvaro Bustos.

Esta situación únese aos problemas físicos de varios integrantes do equipo, e que a última semana deixaron fóra da convocatoria a Mejía, Naveira, Brian, Santi Figueroa, Pol Bueso e o lesionado de longa duración Javi López.

Ante un panorama así, os granates deberán ter coidado para non atoparse baixo mínimos nas próximas xornadas de liga.