Ausencias na volta ao traballo do Arxil

Pontevedra
29 de decembro 2015

O equipo verde xa prepara a súa volta á competición na Liga Feminina 2, aínda que o fai sen as súas dúas xogadoras estranxeiras, ausentes no primeiro adestramento tras as vacacións con permiso do club

Adestramento do Arxil no CGTD
Adestramento do Arxil no CGTD / Mónica Patxot

O Club Baloncesto Arxil xa prepara a súa volta á competición na Liga Feminina 2, que se producirá o día 9 de xaneiro no País Vasco ante o Araski.

Ata entón o club verde afronta unha minipretempada de dúas semanas tras regresar de vacacións este luns 28 de decembro.

Na volta aos adestramentos Mayte Méndez puido contar con todas as súas xogadoras menos aas dúas estranxeiras, con permiso do club para ausentarse.

Sky Rees incorporarase este martes ao traballo co equipo, mentres Yanique Gordon non volverá a Pontevedra ata o dous de xaneiro, segundo as previsións do club, ao estar a tramitar os papeis do visado.

Antes do primeiro partido de liga do ano, o cadro verde xogará un dobre amigable ante o Vagos portugués, os días 2 e 3 de xaneiro.