Baixa sensible no Poio Pescamar para a próxima tempada: Luci deixa o equipo por motivos laborais

Poio
18 de xuño 2023

A escuadra conserveira confirmou este sábado que a coruñesa de 31 anos deixa o equipo "por motivos laborais" despúes de tres tempadas vestindo a elástica vermella, coa que sumou unha Copa Galicia á súa palmarés repleto de títulos. De feito, Luci coroouse campioa de Europa coa Selección Española nas tres edicións celebradas

Luci, no partido de play-off polo título de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca
Luci, no partido de play-off polo título de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca / Cristina Saiz

O Poio Pescamar di adeus para a próxima campaña a unha da súas xogadoras clave nos éxitos do equipo: Luci.

A escuadra conserveira confirmou este sábado que a coruñesa de 31 anos deixa o equipo "por motivos laborais" despúes de tres tempadas vestindo a elástica vermella, coa que sumou unha Copa Galicia á súa palmarés repleto de títulos. De feito, Luci coroouse campioa de Europa coa Selección Española nas tres edicións celebradas.

Co Poio Pescamar disputou 88 partidos, 1.808 minutos, anotou 34 goles e regalou 24 asistencias.

Luci únese a Julia Dupuy na lista de baixas do equipo para a tempada 23/24, na que si que estarán Elena, Sandra Buzón, Laura Uña e Ale de Paz, ademais do adestrador Luís López-Tulla.