Paso a paso e con boa letra. Así avanza o Poio Pescamar na planificación da próxima tempada, na que terá o listón moi alto tras o seu segundo posto en liga este ano e o seu debut nun play-off polo título.
Para tentar manter o nivel e mesmo aumentalo o conxunto vermello renovou a súa aposta por Martita.
A xogadora coruñesa, de 22 anos, seguirá un ano máis na Seca, onde cumprirá a súa terceira campaña consecutiva e onde pasará a ser unha das futbolistas que máis tempo seguido sume no club.
Martita, terceira renovación no plantel que volverá adestrar Luís Lóipez-Tulla, tentará seguir en Poio cunha progresión que a levou este ano a debutar coa Selección Española.
É a quinta futbolista confirmada pola entidade conserveira, xunto á fichada Ale de Paz e as tamén renovadas Elena, Sandra Buzón e Laura Uña.