Case dous meses antes dos os cales é habitual a Sociedad Deportivo Teucro desvelou a súa campaña de abonados para a próxima tempada, na que retorna á máxima categoría, co slogan "Sobes?".
Faino coa intención de aproveitar a ilusión xerada polo ascenso á Liga Asobal e anunciando unha baixada de preto do 10% no prezo dos carnés.
Con esta decisión a directiva azul espera superar folgadamente a cifra do millar de socios, recuperando aqueles afeccionados que deixaron de selo nos últimos anos.
Será un paso importante no obxectivo de aumentar os ingresos da entidade, pois tal e como confirmou o presidente "nos hemos encontrado que hacen falta 100.000 euros a mayores para competir en Asobal", explicou Carlos García-Alén en relación ás previsións que manexa a entidade.
En conto aos prezos, o carné sénior custará 100 euros, o bonificado 55, estudantes 40, xuvenil 25 e infantil 15, mentres o familiar se fixou en 180 euros e o protector en 275.
Precisamente nesta última figura, a de socio protector, poñerá especial énfase o Teucro buscando a axuda do comercio pontevedrés, outorgando a cada un destes socios certos privilexios.
Os interesador en retirar o seu abono poden dirixirse ás oficinas do Pavillón Municipal dos Deportes, ao teléfono 986 851 696 ou ao correo electrónico [email protected].