Balance positivo do Waterpolo Pontevedra de Primeira Nacional nos seus catro primeiros amigables

Pontevedra
20 de setembro 2022

O conxunto pontevedrés desprazouse a fin de semana a Madrid para competir nun torneo amigable e testarse ante o seu primeiro rival de liga, o Real Canoe

Plantel do Club Waterpolo Pontevedra da Primera Nacional Feminina
Plantel do Club Waterpolo Pontevedra da Primera Nacional Feminina / Club Waterpolo Pontevedra

Primeiros compromisos de pretempada para o Club Waterpolo Pontevedra no seu camiño cara ao debut na Primeira Nacional Feminina.

O equipo pontevedrés desprazouse ata Madrid para participar no Torneo CRW Absoluto Feminino, disputado no municipio de Rivas.

As xogadoras do Waterpolo Pontevedra estreouse fronte ao CN Catro Caminos, equipo que tamén disputa a Primeira Nacional Nacional, nun partido que pese ao nerviosismo inicial finalizou cun apurado triunfo por 12-13.

O seguinte rival sería o Club Rivas Waterpolo, equipo de Liga Madrileña que ten o obxectivo de ascender a categoría nacional, un duelo que concluíu con resultado de 11-14 para as da Boa Vila.

Aproveitando a viaxe a Madrid, e fóra do torneo, o Waterpolo Pontevedra programou ademais unha amigable fronte ao que será o seu primeiro rival da tempada, o Real Canoe, unha proba de nivel contra o campión da liga regular o curso pasado que acabou con derrota por 12-8 pero con sensacións positivas.

Por último, antes de regresar a Galicia, xogaríase un novo partido ante o CW Rivas, esta vez cun contundente triunfo por 9-18 para levar o torneo en xogo.

Tras a estrea amigable, o próximo compromiso do equipo pontevedrés será o IV Torneo Internacional Cidade do Porto, no que se medirá a dous equipos de División de Honra como o Boadilla e o Rubí, ademais de co actual campión da liga Portuguesa, o Clube Fluvial Portuense.