Baloncesto polos catro custados co XXII Torneo Cidade de Pontevedra

Pontevedra
03 de xaneiro 2016

Os pavillóns Universitario, Municipal e do CGTD acollen unha nova edición da competición do Nadal organizada polo Club Baloncesto Arxil

XXII Torneo Cidade de Pontevedra do Arxil Mónica Patxot

Máis aló do dobre compromiso amigable do equipo senior de Liga Feminina 2, o Torneo Cidade de Pontevedra organizado polo Arxil converteuse nunha festa do deporte de base.

Así se viviu a competición nos pavillóns Municipal e Universitario durante o primeiro día de competición, completando o domingo o torneo os últimos partidos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Equipos de categorías infantil, cadete e junior foron os verdadeiros protagonistas da edición XXII do evento deportivo co que o Arxil dá a benvida ao novo ano.

En canto aos partidos do cadro senior, o importante tanto para as locais como para o Vagos portugués, equipo invitado, era preparar a súa volta á competición tras o parón do Nadal.