A competición regresou este domingo ao encoro pontevedrés de Pontillón do Castro, en Verducido, onde se celebrou o Campionato Galego de Natación en Augas Abertas.
A proba, adaptada ao formato contrarreloxo para minimizar o contacto entre deportistas, congregou 320 nadadores pertencentes a 25 clubs da comunidade.
En canto aos resultados, a pontevedresa Bea Gómez Cortés impúxose na categoría sénior feminina ao completar os 2.000 metros de percorrido en 26 minutos e 14 segundo, cun segundo de vantaxe sobre Paula Otero, prata, mentres que Carla Faro foi terceira xa a unha maior distancia (27:41).
En categoría sénior masculina o vencedor foi Gaspar Andrade (CN Liceo) cun tempo de 23:49, superando a Pablo Cabana (25:17) e Miguel Martínez (25:19).
Por clubs o Natación Galaico pontevedrés foi o vencedor, tanto na clasificación global como na feminina, e tamén se impuxo na categoría máster feminina.
Consulta aquí as clasifiacións completas do Campionato Galego de Natación en Augas Abertas.