Berrocal empeza a traballar co grupo despois de "dos semanas realmente malas"

Pontevedra
13 de novembro 2019

O futbolista, que se recupera dunha pubalxia, realizou este mércores gran parte do adestramento ao mesmo ritmo que os seus compañeiros, aínda que ten poucas posibilidades de chegar ao duelo contra o Marino. Nacho López pola súa banda segue á marxe e está descartado para o domingo

Berrocal e Romay durante un adestramento do Pontevedra
Berrocal e Romay durante un adestramento do Pontevedra / Mónica Patxot

Tres xogadores seguen ocupando a enfermería do Pontevedra Club de Fútbol, o lesionado de longa duración Javi López xunto a Nacho López e Berrocal, pero un deles encara a fase final da súa recuperación coa esperanza de empezar a colaborar desde o campo na nova etapa do equipo con Pouso no banco.

Trátase de Berrocal, que se recupera dunha pubalxia pero que xa traballa co grupo. Polo menos así foi durante a maior parte da sesión celebrada este mércores no campo da Seca, en Poio.

"He pasado dos semanas realmente malas", recoñece o futbolista andaluz ao tratarse de "una lesión que es un poco fastidiosa porque engaña mucho". Agora con todo as sensacións empezan a ser positivas co obxectivo de "ver si para la semana que viene podemos entrar ya al 100%".

A pesar diso non se descarta aínda para o duelo do domingo ante o Marino de Luanco, aínda que "quizás es un poco pronto para valorarlo", sinala á espera de acontézao nas últimas sesións preparatorias da semana.

O que todo apunta seguirá de baixa polos seus problemas musculares é Nacho López, tendo en conta que o lateral asturiano segue exercitándose á marxe do grupo ás ordes do fisioterapeuta do club, Manu Barros.

PARTIDO A PARTIDO

Despois de tres vitorias consecutivas todo vese doutra forma no conxunto granate, aínda que Berrocal pide ir paso a paso sen mirar aínda a metas a longo prazo. "Vamos a pensar en sacar tres puntos contra el Marino porque como empecermos a pensar en cotas mayores no nos va a valer de nada, sólo para tener una presión añadida que no nos va a venir nada bien", asegura.

En canto ao seu rol dentro do equipo, o andaluz explica que aínda non falou con Carlos Pouso sobre o que espera del, un home que chegou como dianteiro centro pero que con Luismi terminou asentándose no centro do campo. "Soy un tío de equipo, de club y que va a dar todo en la posición que me pongan", defende consciente de que o posto no once, en plena serie positiva, está máis caro que nunca.