Boa imaxe dun Cisne que planta cara (24-26) á Selección Española xuvenil de balonmán

Pontevedra
25 de xullo 2014

Foi un partido cheo de imprecisións, tanto en defensa coma en ataque, froito sen dúbida a que ambos os dous conxuntos chegaban curtos de preparación ao ter retomado os adestramentos fai tan só uns días. Pero aínda así deron un grande espectáculo deportivo

Partido amigable entre o Cisne e a Selección Española xuvenil de balonmán Diego Torrado

Magnífico broche de ouro para os actos do 50 aniversario do Cisne. Un partido amigable enfrontounos este xoves á Selección Española xuvenil de balonmán, un conxunto que levaba adestrando en Pontevedra toda a semana, para preparar o torneo Scanibérico que disputarán a partir do 31 de xullo en Portugal. E os pontevedreses estiveron a punto de derrotar ao combinado nacional, ao ceder tan só por un axustado 24-26.

Foi un partido cheo de imprecisións, tanto en defensa coma en ataque, froito sen dúbida a que ambos os dous conxuntos chegaban curtos de preparación ao ter retomado os adestramentos fai tan só uns días. Pero aínda así deron un grande espectáculo deportivo. O xogo en conxunto dos homes de Alberto Suárez foise impoñendo pouco a pouco na primeira parte, grazas á súa efectividade tamén no contraataque. Pero o Cisne non perdeu a cara ao partido.

Tras o 5-10 do minuto 22, os pontevedreses lograron non só reducir distancias no descanso (9-12), senón que tras a reanudación se puxeron por diante (17-16) cando se cumpría a metade da segunda parte. Foi xusto cando o combinado nacional parecía máis atascado no seu xogo. Pero a partir de aí, a xuventude da Selección fíxose notar ante un Cisne que notou a súa inactividade nesta pretempada.

En só cinco minutos España remontou o marcador (18-20) e a partir de aí ningún dos dous equipos cometeu apenas fallos e a selección xuvenil logrou administrar a renda lograda, chegando ao final co 24-26 no marcador.

Nas filas do Cisne debutaron as catro fichaxes que a entidade pontevedresa fixo ata agora, Pablo Galán, Toño Lafuente, Pablo Vidal e Pepe Camiña. A afección galega marchou non obstante sen ver xogar a dous dos tres xogadores galaicos desta Selección Española, Xoan Ledo e Rubén Rió, que non saltaron á cancha debido aos seus problemas físicos. Só xogou Román Pedreira, central do Balonmán Lalín. 

CISNE (24): Pablo Galán, Alex Chan (4), Andrés Sánchez (2), Javier Vázquez (3), Carlos Rodríguez (1), Miguel Simón (1) - siete inicial -. Jugaron también Juan Novás, Toño Lafuente, Pablo Picallo (2), Rafa Dasilva (4), Pepe Camiña (2), Pablo Vidal (2), Iván Abilleira (2) y Pablo Rey (1).

ESPAÿA XUVENIL (26): Cabada, Francisco Castro (1), Agustín Casado (2), David Fernández, Antonio Bazán (2), Jaime Fernández (2), Gerard Carmona (3) - siete inicial -. Jugaron también Román Pedreira (2), Dani Dujshebaev (4), Juan Muñoz, Kauldi Odriozola (3), Josep Folques, Víctor Gutiérrez (3) y Samuel Gómez (4).

Marcador (cada cinco minutos): 1-3, 4-3, 4-6, 5-8, 6-10, 9-12 (descanso), 10-12, 14-13, 16-16, 18-20, 21-24, 24-26 (final).

Árbitros: Sergio Rodríguez e Alberto Rodríguez (colexio galego). Excluíron dous minutos a Andrés Sánchez, Carlos Rodríguez, Miguel Simón e Pablo Vidal polo Cisne; e a Agustín Casado e Antonio Bazán polo combinado nacional.

Incidencias: Partido amigable disputado no Pavillón municipal dos Deportes de Pontevedra. Máis de 200 espectadores na bancada.