Bruno Vázquez tamén se apunta ao reto do Cisne en Asobal

Pontevedra
26 de xuño 2022

O Club Cisne Balonmán anunciou este domingo a renovación dunha das súas novas promesas, o lateral dereito de 21 anos Bruno Vázquez

Partido de División Honra Prata entre Cisne e Trops Málaga Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán anunciou este domingo a renovación dunha das súas novas promesas, o lateral dereito de 21 anos Bruno Vázquez.

"Estoy muy feliz de poder anunciaros que voy a renovar una temporada más por el club", afirmou o lateral a través das redes sociais do Cisne.

Vázquez aproveitou tamén para agradecer tanto a Santi Picallo como a toda a directiva "la confianza depositada en mí y la oportunidad que me brindan de poder cumplir un sueño, como es debutar en Asobal", e de animar a todos" a que se pasen "por el pabellón a lo largo de la temporada".

O lateral dereito cre que será un ano no que "vamos a tener tiempo para sufrir, pero sobre todo para disfrutar".