Javi Vázquez xogará un ano máis co Cisne

Pontevedra
23 de xullo 2022

O proxecto do Cisne para Liga Asobal segue collendo forma. O último en sumarse á lista de renovacións foi o extremo esquerdo e capitán Javi Vázquez, que tampouco quere perder a que será unha tempada inesquecible para o conxunto branco

Javi Vázquez (esquerda) celebrando o ascenso do Cisne a Liga Asobal
Javi Vázquez (esquerda) celebrando o ascenso do Cisne a Liga Asobal / Cristina Saiz

O proxecto do Cisne para Liga Asobal segue collendo forma. O último en sumarse á lista de renovacións foi o extremo esquerdo e capitán Javi Vázquez, que tampouco quere perderse a que será unha tempada inesquecible para o conxunto branco.

"Estou moi contento de poder de poder emprender esta nova etapa co Cisne na que seguro que todos gozaremos. Vémonos pronto no Municipal", sinalou o xogador a través das redes sociais do club.

O persoal do cadro pontevedrés xa ten confirmadas 13 pezas. O recentemente renovado Javi Vázquez, Carlos Álvarez, Rubén Sequeiros, Bruno Vázquez, Carlos Ocaña, Iván Calvo, Román Arboleya, Alejandro Conde, André de Moura e Mateo Arias, aos fichados Kilian Ramírez e Gualther Furtado e á continuidade de Roney Franzini, cedido no tramo final de liga.