Cabanyes convence a Piscis e asina por unha tempada co Arosa

O Salnés
05 de agosto 2015

O dianteiro encontrábase a proba dende o inicio da pretempada tras pasar por varios equipos madrileños. "Es un club por el que merece la pena dejar atrás mi ciudad", asegura 

Cabanyes nun partido de pretempada co Arosa Arosa SC

Levaba a proba toda a pretempada e tras a súa actuación nos adestramentos e nos últimos amigables logrou convecer a Piscis.

Cabanyes xa é oficialmente xogador do Arosa, co que se compromete por esta tempada coa intención de "hacerme un hueco en el equipo poco a poco".

O dianteiro madrileño, de 22 anos, formouse nas categorías inferiores de Atlético de Madrid e Leganés, pasando despois por clubs como o Unión Adarve, na Terceira División, Colmenar Viejo ou Tres Cantos.

"Es un club por el que merece la pena dejar atrás mi ciudad", declarou o futbolista tras facerse oficial a súa fichaxe.

Cabanyes espera contribuír a unha boa tempada do Arosa, na que aspiran aos postos de privilexio con "una plantilla con muchísimo nivel como ya hemos demostrado en estos primeros partidos de pretemporada contra equipos de Segunda División B".