Non tardou o Xuventú Sanxenxo en encontrar substituto para José Ángel Oliveira tras a súa destitución como técnico do conxunto amarelo.
Lino Diz 'Calucho' chegou a un acordo coa directiva que preside Manolo Veiga para facerse cargo do equipo ata final de tempada co obxectivo de lograr a permanencia na Terceira División.
Calucho, tras o seu paso polo Céltiga, volve a un club que xa coñece, aspecto que resalta o presidente amarelo: "Todo peso, hai unha relación persoal e lle ten cariño o club".
Este martes o novo técnico do Sanxenxo dirixirá o seu primeiro adestramento para comezar a preparar o choque ante o Deportivo B en Abegondo, no que buscará romper a xeira negativa que atravesa o equipo de nove derrotas consecutivas.