Cara e cruz para o boxeo marinense en Asturias

Marín
30 de outubro 2018

Un combinado de deportistas do Team Thunder e o Mat's de Marín participaron nun duelo astur-galaico con seis combates celebrado a pasada fin de semana en Avilés

Boxeadores marinenses que participaron na velada astur-galaica en Avilés Team Thunder Marín

O boxeo marinense tivo unha cita a pasada fin de semana na localidade asturiana de Avilés, ata onde se desprazaron varios deportistas do Team Thunder e do Mat's de Marín.

Todos eles participaron nunha xornada astur-galaica con seis combates entre púxiles locais e galegos, que se saldou con triunfo asturiano por 4 a 2.

En canto aos combates con representación marinense, Aarón González (Team Thunder) demostrou unha vez máis o seu bo momento de forma para vencer ao campión asturiano, Isaac Álvarez, mentres que Álex Menduíña (Mat's) conseguiu a vitoria no seu segundo combate oficial e fíxoo cun KO técnico ante un rival máis alto e zurdo.

As que non conseguiron o triunfo foron Tathi Cid (Mat's), na súa estrea no ring, e Zaira Corchero (Team Thunder) nun duelo ante unha das mellores boxeadoras do norte de España, Minerva Gutiérrez.