Catro medallas para a Gimnástica no campionato galego de probas combinadas

Pontevedra
10 de febreiro 2015

Os atletas da Sociedad Gimnástica volveron subir ao podio no campionato galego de probas combinadas que se celebrou esta fin de semana en Lugo

Equipo da Gimnástica que participou no campionato galego de probas combinadas
Equipo da Gimnástica que participou no campionato galego de probas combinadas / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Os atletas da Sociedad Gimnástica volveron subir ao podio no campionato galego de probas combinadas que se celebrou esta fin de semana en Lugo.

Santi Ferrer volveu reeditar o título que xa conseguiu o ano pasado, no heptatlon masculino con 4.893 puntos, quedando o seu compañeiro Alex Solla en cuarto lugar con 4.282 puntos, a tan só 50 puntos da medalla de bronce.

Na categoría júnior masculino, Darío Costas dominou tamén esa mesma disciplina. Impúxose en cada unha das sete probas, sumando 4.774 puntos e levándose o ouro.

En canto ás rapazas, Sandra Carballo, a pesar de realizar unha gran puntuación con 3.221 puntos, tívose que conformar coa segunda praza no pentatlon feminino.

Por último, María Jiménez foi a última medalla para a Gimnástica. Foi bronce no pentatlón en categoría cadete con 2.145 puntos.