Charly López: "Os goles son cousas de todos, oxalá veñan pero non quero centrarme niso senón en facelo ben e axudar o equipo"

Pontevedra
11 de agosto 2023

Aos seus 27 anos Charly López aterrou este verán no Pontevedra Club de Fútbol no seu mellor momento futbolístico, despois de ter conseguido grandes números o pasado ano en Segunda RFEF (15 goles). Por iso moitas miradas céntranse nel como unha das referencias ofensivas do equipo. Con dúas tempadas de contrato, asegura estar "moi a gusto" coa súa chegada e espera poder seguir crecendo da man do club granate

Charly López, adestrando co Pontevedra na Xunqueira Cristina Saiz

Aos seus 27 anos Charly López aterrou este verán no Pontevedra Club de Fútbol no seu mellor momento futbolístico, despois de conseguir grandes números o pasado ano na Segunda RFEF (15 goles entre Cerceda e Zamora). Por iso moitas miradas céntranse nel como unha das referencias ofensivas do equipo. Con dúas tempadas de contrato, asegura estar "moi a gusto" coa súa chegada e espera poder seguir crecendo da man do club granate.

"Chego sobre todo ilusión e con ganas de facelo ben", defende o atacante, que non quere obsesionarse co gol.

"Os goles son cousas de todos, oxalá veñan pero non quero centrarme niso senón en facelo ben e en axudar o equipo, e axudar a alcanzar o obxectivo. Goles cantos máis mellor pero non son o importante", defende.

Charly sabe ben o que busca Yago Iglesias nos seus equipos, non en balde coincidiu con el en Zamora e é unha das principais razóns para a súa chegada á Boa Vila. "El ten as súas ideas, e o que tentaba facer en Zamora é o que vai tentar facer aquí. Imaxino que cambiará algunhas cousas porque cada plantel é distinta pero a idea de xogo é a mesma, e o que me vai a pedir a min vai ser o mesmo da tempada pasada, tentarei seguir por esa liña e oxalá nos vaia ben", asegura.

O dianteiro chegou ao Pontevedra con ambición. "Si, somos un dos favoritos. Nós temos o obxectivo do ascenso", recoñece, "pero outros equipos tamén e demostrouse no que ficharon este verán. Non se quen é o gran favorito, hai varios, pero seguro que somos un deles, sabémolo, e desde o primeiro día imos ir con todo".

Neste sentido como rivais o 21 granate (número escollido para esta tempada) ve "así de primeiras a Compos, Avilés e tamén o Zamora reforzouse moi ben. Vai estar moi igualado. O ano pasado ninguén contaba co Arenteiro e gañou a liga bastante fácil, así que non vale de moito falar e é mellor esperar a ver como vai a liga porque pode haber sorpersas".

O que si ten claro Charly é que "empezar ben sempre é importante para calquera equipo, e máis co primeiro partido na casa", un Estadio Municipal de Pasarón que xa ansía poder pisar.

Claro que o seu desexo é outro máis grande, porque "oxalá podamos ascender este ano e para o próximo gozar da Primeira RFEF". Os seus goles terán moito que dicir para poder convertelo en realidade.