Cinco medallas nacionais para o Tenis de Mesa Monte Porreiro en Tarragona

Pontevedra
24 de febreiro 2026

O club pontevedrés pechou o domingo dúas fins de semana de competición en Tarragona co Torneo Estatal, o Campionato de España e a Copa do Rei

Jiaqi Guo, na final do Torneo Estatal en Tarragona Jose Izquierdo - RFETM

O traballo do Tenis de Mesa Monte Porreiro viuse reforzado estes días a golpe de medalla en Tarragona.

Na localidade catalá disputouse as dúas últimas fins de semana o Torneo Estatal para as diferentes categorías, tanto de base como sénior, así como o Campionato de España e a Copa do Rei.

Competicións ás que o club pontevedrés desprazou un amplo equipo e das que regresou como un botín de cinco medallas.

Non logrou Miguel Ángel Vílchez repetir o éxito de 2025 cando conseguiu un histórico ouro individual no Campionato de España Masculino, pero o xogador do Monte Porreiro non volveu sen carga ao conseguir un bronce nos dobres masculino.

Tamén a primeira fin de semana de competición Judith Cobas, coas cores do Tenis de Mesa Pontevedra, colgou outro bronce na categoría sénior feminina do Estatal.

Pero o broche chegou nos últimos días de competición co Torneo Estatal de categoría cadete.

Matías Betancor na final do Torneo Estatal en TarragonaJose Izquierdo - RFETM

Aí caeron outro tres podios grazas ao bo papel de Jiaqi Guo, Matías Bentancor e Alba Prado.

Os dous primeiros chegaron á final individual da súa categoría, pero non lograron superar o último chanzo cara ao triunfo estatal tendo que conformarse cunha máis que meritoria prata.

Guo, que eliminara en semifinais á súa compañeira Alba Prado (bronce), foi superada na final por galega Lucía Saura (Narón), mentres que Matías Betancor non puido no duelo decisivo contra o catalán Roc Gibert.

A única espiña para o Tenis de Mesa Monte Porreiro foi a Copa do Rei, competición que afrontaba con gran ilusión pero na que cedeu en cuartos de final tras un duro cruzamento, pero plantando cara ao intratable líder da Superdivisión, o Real Club Priego, cun apertado resultado final de 2-3.

Jiaqi Guo e Alba Prado, no podio do Torneo Estatal en TarragonaJose Izquierdo - RFETM

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora