O Cisne faise coa cesión do lateral cántabro Carlos Gómez

Pontevedra
14 de maio 2026

A segunda incorporación do Cisne para o seu proxecto 26/27 chega a préstamo desde o BM Torrelavega, co que chegou a debutar na Liga Asobal

Carlos Gómez, nun partido co Torrelavega BM Torrelavega

Segunda fichaxe confirmada no Club Cisne Balonmán para a tempada 2026/2027.

A entidade pontevedresa alcanzou un acuerto co BM Torrelavega para a cesión do lateral esquerdo Carlos Gómez.

Trátase dun xogador de 22 anos e 1,94 metros de estatura que esta última campaña competiu principalmente no filial do equipo cántabro.

Con este equipo en Primeira Nacional marcou 202 goles na liga regular.

Con todo traballou todo o curso en dinámica do equipo de Liga Asobal, co que chegou a debutar achegan 4 goles en 10 partidos.

Conta con contrato en vigor co Torrelavega até o ano 2029, e a de Pontevedra será a súa segunda cesión tras a vivida a liga 24/25 en Eivissa.

"Talento, potencia e enerxías renovadas á primeira liña do noso ataque", afirma o Cisne.

Esta fichaxe súmase ao de Juan Saco, anunciado este mércores, e que reforza tamén a primeira liña do equipo.