O Cisne leva o IV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de balonmán

Pontevedra
23 de xaneiro 2025
Actualizado: 11:49

O torneo triangular enfrontou a Cisne, Teucro e CDC Santana no Pavillón Municipal dos Deportes

IV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de balonmán

O Pavillón Municipal dos Deportes foi escenario este venres do IV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de balonmán.

Unha cita de preparación, en formato de triaungular, na que ademais do Club Cisne e a Sociedade Deportiva Teucro participaba o CDC Santana portugués.

O vencedor desta edición foi o Cisne, ao impoñerse nos seus dous encontros.

O primeiro deles era o derbi local co Teucro, que se decidiu por un tenteo de 24-16.

Despois chegaría o enfrontamento entre o Teucro e o Santana, con triunfo dos pontevedreses por 26-24.

IV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de balonmánMónica Patxot

Por último, o Cisne superou ao conxunto portugués por 25 a 18.

Un test de nivel para os que virá o fin de semana, con partidos na casa para os dous equipos da cidade.

Por unha banda o Cisne recibirá no Municipal este sábado 25 o EON Alicante (20.00 horas) na División de Honra Prata, mentres que o Teucro enfrontarase ao BM Ribeiro (17.00 horas) na Primeira Nacional.

IV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de balonmánMónica Patxot