O Cisne sentencia o Alcobendas nun segundo tempo demoledor

Pontevedra
04 de outubro 2025

O equipo pontevedrés impúxose ao pechacancelas Alcobendas por un contundente 29-38. Joao Ferreira foi o máximo anotador con 12 dianas

Partido entre Cisne e OAR Coruña

O Club Cisne Balonmano sumou este sábado o seu segundo triunfo da tempada tras imporse con claridade ao Alcobendas, o equipo pechacancelas da liga.

O partido comezou con máxima igualdade e así se mantivo até o minuto 16, cando a exclusión de José María Gutiérrez permitiu aos pontevedreses aproveitar a superioridade para porse cun 7-10, máxima renda até ese momento.

Óscar Moreno recortou distancias para os locais, e aínda que Martín Santos foi excluído durante dous minutos, o Cisne, guiado por Álex López e Iago Costas, mantivo a vantaxe e chegou ao final do primeiro tempo cun marcador favorable de 14-18.

Tras o descanso, os lerezanos saíron algo durmidos e o Alcobendas achegouse até o 17-19. Aos poucos os visitantes entraron en calor, favorecidos á súa vez por unha nova exclusión no equipo rival.

O punto de inflexión produciuse no minuto 38, cando os pontevedreses, superiores en todas as facetas asinaron un parcial de 0-4 que elevou o marcador a 21-27 e deixou sentenciado o enfrontamento.

O Cisne non baixou os brazos en ningún momento e evitou que o Alcobendas atopase a maneira de facer dano, ampliando a diferenza até o nove goles (29-38).

O máximo goleador do enfrontamento foi o cisneísta Joao Ferreira, que anotou 12 dianas e foi clave na vitoria visitante.

Esta vitoria reforza a confianza do Cisne despois do mal arranque na competición.

Consulta as estatísticas neste enlace