Clara derrota en Valladolid dun Leis (7-2) que non reacciona

Pontevedra
27 de febreiro 2017

Os pontevedreses mereceron mellor sorte en Valladolid, pero encaixaron unha nova derrota e seguen na penúltima posición da Segunda División B de fútbol sala

Partido entre Leis e Universidad de Valladolid no Municipal Leis Pontevedra FS

Non termina de deixar atrás o seu mal momento de resultados o Leis Pontevedra na Segunda División B de fútbol sala, a pesar de que o bloque dirixido por Manu Cossío fixo méritos para elo.

Outro exemplo desta situación foi o choque da fin de semana na pista do Universidad de Valladolid, na que mereceron mellor sorte pero terminaron cedendo de forma contundente, por 7 goles a 2.

Arrincou ben o partido o Leis, pero o primeiro en golpear foi o equipo local aos 5 minutos. Pese ao mazazo, os pontevedreses non lle perderon a cara ao encontro e no minuto 15 atopaban premio co empate, obra de Miguel, co que se chegaría ao descanso.

Na segunda metade o partido variou e o Universidad de Valladolid deu un paso á fronte, poñendo o 3-1 en dúas xogadas consecutivas nos minutos 24 e 25. Resistiuse o Leis, que recortou distancias a falta de medio minutos nunha xogada de estratexia culminada por Miguel.

Foi a por o empate o equipo pontevedrés, pero o que chegaría no 36 sería o 4-1. Apostou entón Manu Cossío polo porteiro-xogador sen máis resultado que a sentenza local con tres goles máis que non fixeron xustiza ao visto na pista.

Con esta derrota o Leis non logra escapar da penúltima posición da táboa con 10 puntos.