Claudia Puig consegue a medalla de ouro no Nacional de Lanzamentos Longos

Pontevedra
13 de marzo 2016

A atleta da Gimnástica realizou un sobresaliente papel en Castellón e impúxose contra prognóstico na modalidade de xavelina, na categoría xuvenil

Claudia Puig e Iria Filgueira, atletas da Gimnástica Sociedad Gimnástica

Contra todo prognóstico e tras un brillante concurso, a Sociedad Gimnástica conseguiu unha medalla de ouro no Campionato de España de Lanzamentos Longos grazas á súa atleta Claudia Puig.

A deportista do club pontevedrés impúxose en Castellón na modalidade de xavelina, na categoría xuvenil, despois de pulverizar o seu mellor rexistro persoal.

Claudia mellorou case cinco metros a súa mellor marca logrado un lanzamento de 40,23 metros que ningunha das súas rivais puido superar.

Tamén participou en Castellón, en idade cadete, Iria Filgueira, conseguindo un meritorio cuarto posto no lanzamento de martelo.