Os xogadores do Pontevedra xa coñecen de primeira man as intencións do seu novo adestrador, Luisito.
O técnico, acompañado do seu segundo Pepe Rico e do preparador físico Roberto Valdés, dirixiu a súa primeira sesión de traballo no Estadio Municipal de Pasarón.
Antes de saltar ao terreo de xogo produciuse unha charla no vestiario de case media hora, trala cal levouse a cabo unha sesión de recuperación para os titulares en Ponteareas e máis intensa para o resto de futbolistas.
Luisito pensa xa en como encarar a visita do Boiro o vindeiro domingo, un equipo que cualificou de perigoso ao "estar confirgurado para jugar el play-off".
Para este partido o novo adestrador recuperará a David Feito, que este luns aínda adestrou a menor ritmo pero que se atopa moi mellorado da sobrecarga muscular que lle mantivo fóra do equipo a semana pasada.
Os que non estarán son Fran Fandiño e Tubo. O primeiro deles evoluciona favorablemente pero está pendente dos resultados da resonancia magnética á que foi sometido. En caso de non arroxar nada novo, o centrocampista estará de baixa polo menos dúas semanas.
Pola súa banda Tubo realizará unha proba durante esta semana incrementando o seu ritmo de traballo. Si non deixa atrás as molestias derivadas da súa hernia discal podería decidir pasar polo quirófano.
Na primeira sesión semanal tamén exercitouse a menor ritmo Pedro García, por mor dun golpe sufrido ante o Cultural Areas, pero o seu estado non preocupa e se non hai contratiempos estará a disposición do técnico.