A dúas xornadas para o final da liga regular, a emoción é máxima na Primeira RFEF, co Pontevedra Club de Fútbol dependendo de si mesmo para conseguir un posto no play-off de ascenso.
Os granates serán equipo de fase de ascenso se gañan un dos dous partidos que lle restan, independentemente dos resultados dos seus rivais, empezando pola visita ao xa campión CD Tenerife (domingo 17 de maio, 17.00 horas) no Estadio Heliodoro Rodríguez López.
A xornada, do mesmo xeito que a última do campionato, disputarase en horario unificado, e iso ocasinará cambios na cobertura televisiva.
A canle lineal que ofrecía cada xornada dez encontros da categoría, e includio nas principais plataformas audiovisuais (Movistar+, DIGI, Orange, Zapi, +Media, R, Telecable e Euskaltel) converterase nun multicanal con conexión intermitente aos diferentes partidos.
Onde poderá seguirse entón de maneira íntegra o Tenerife-Pontevedra?.
Por unha banda o encontro seguirá estando dispoñible en streaming nas dúas plataformas que ofrecen a totalidade da competición, como son LaLiga+ e FCPlay.
Ademais o duelo foi seleccionado pola Televisión de Galicia, que a falta de confirmación oficial pola súa banda ofrecerao previsiblemente en directo na súa segunda canle.
Unha boa noticia para os afeccionados granates, que tamén terá a opción de achegarse á Avenida Montero Ríos para vivir o partido de maneira colectiva na pantalla xigante anunciada pola Deputación.
📺 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦 𝗬 𝗧𝗘𝗟𝗘𝗩𝗜𝗦𝗜𝗢𝗡𝗘𝗦 | 𝗝𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝟯𝟳#PrimeraFederación | #VersusELearning pic.twitter.com/oqy6rMErFT
— Primera Federación Versus e-Learning (@Primera_RFEF) May 11, 2026
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.