Era a máis nova do equipo a tempada que acaba finalizar, e nin sequera unha grave lesión frea a confianza que ten nela o Poio Pescamar.
O conxunto conserveiro anunciou este mércores a renovación de Miriam Esteban 'Miri', que desta forma afrontará a súa segunda campaña na Seca.
Dáse a circunstancia de que Miri acaba de ser intervida cirurxicamente dunha grave lesión de xeonllo, tras romper o ligamento cruzado nunha concentración da Selección Española Sub-19.
De feito o seu club afirmou o pasado 6 de xuño que a operación fora satisfactoria.
Por iso coa renovación o Poio Pescamar mándalle á xogadora unha mensaxe de apoio e tranquilidade para que afronte con ganas o seu período de convalecencia e poida regresar con máis forza ás pistas de xogo.
A futbolista segoviana, no seu primeiro ano no equipo vermello, disputou 12 encontros cun lembrado gol, o que supuxo pasar de rolda na Copa da Raíña na casa do Penya Esplugues.
Miri é a oitava confirmación do Poio Pescamar de cara á próxima tempada, aínda que non poderá estar dispoñible para o técnico ata principios de ano.
Únese así á lista na que figuraban a renovadas Candela, Elena González, Ale de Paz, Martita, Èlia e Chuli, e tamén a recentemente fichada Yanira, gardameta coa que coincidiu na selección nacional.