Confirmada a configuración de grupos en LF2 para Arxil e Cortegada e sen o Peixe Galego

Pontevedra
21 de xullo 2020

A comisión xestora da Federación Española de Baloncesto validou este martes a repartición dos grupos de competición da Liga Feminina 2

Partido entre Cortegada e Arxil en Fontecarmoa
Partido entre Cortegada e Arxil en Fontecarmoa / Diego Torrado

O Club Baloncesto Arxil e o AD Cortegada xa coñecen quen serán os seus rivais na Liga Feminina 2, tras a ampliación á que se viu sometida a segunda categoría nacional.

Segundo estableceu este martes a comisión xestora da Federación Española de Baloncesto (FEB), a LF2 estará composta por tres grupos de 14 equipos, quedando os galegos encadrados no Grupo A xunto a equipos de Asturias, País Vasco, Navarra, Estremadura e Canarias.

Na relación de equipos non figura finalmente o Peixe Galego, que solicitara praza para o seu proxecto feminino pero que era o segundo reserva establecido pola Federación no caso de haber prazas libres. Ao quedar só unha vacante, a deixada polo Aros León, os de Marín deberán esperar polo menos un ano para estrearse nesta categoría.

Desta forma no Grupo para competirán ademais de Arxil e Cortegada outros galegos como Universitario Ferrol, Celta e os recentemente ascendidos  Masristas Coruña e Instituto Rosalía santiagués. O representante asturiano será o ADBA Avilés, os vascos Ibaizábal, Añares Rioja e Barakaldo, o Ardoi navarro, o estremeño Plasencia e os canarios Adareva e MagecTías.

"É un grupo de moito nivel, de moito desprazamento en autobús e desgaste físico e económico", valora o directivo arxilista Lino Vázquez, para quen "foi unha pena que ao final non entrase o Peixe Galego xa que nos evitaba ir a Plasencia".