O número de positivos por covid-19 segue aumentando no Dicsa Modular Cisne. Unha semana despois de que se dese o primeiro caso que obrigou a suspender o partido contra o Granollers e a confinar a todo o persoal, o club pontevedrés ha confirmado que as cifras de contaxio aumentaron.
"Neste momento temos a tres xogadores que deron positivo. O último foi este pasado venres", confirman desde a entidade cisneísta, que aínda está á espera dos resultados doutras tres PCR.
Este mércores cumpriranse os 10 días de confinamento do persoal, polo que o club confía en regresar aos adestramentos esta semana aínda que non coa total normalidade debido á falta dos xogadores que seguen en corentena.
Esta situación obrigounos a pedir a suspensión do partido desta fin de semana contra o Ademar León e está á espera de que Asobal acepte o aprazamento do derbi co Cangas ante a imposibilidade de completar as sesións de adestramento. Desta maneira, o Cisne regresaría á competición fronte Porto Sagunto, con data aínda por determinar.