Convincente estrea de Jéssica Bouzas no US Open e pase a segunda rolda

O Salnés
28 de agosto 2024

A tenista arousá superou en apenas unha hora de partido á croata Petra Martic na súa estrea no cadro final do grand slam neoiorquino

Jéssica Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023 RFET

Jéssica Bouzas arrincou con bo pé a que é a súa primeira participación no cadro final do US Open, último grand slam da tempada.

A tenista arousá, que estreaba esta semana o mellor ranking da súa carreira (número 74 mundial), arroiou en primeira rolda do torneo neoiorquino á croata Petra Martic.

Bouzas, moi consistente no seu xogo, apenas cedeu tres xogos en todo o partido cun marcador de 6-3 e 6-0 en só 1 hora e 4 minutos de xogo.

Jéssica avanza así a segura rolda do US Open asegurando xa pase o que pase seguir progresando na clasificación WTA.

A súa seguinte rival será agora a británica Katie Boulter, actual número 33 do mundo.