O Club Cisne Balonmán ten previsto dar o vindeiro martes 26 de xullo o pistletazo de saída ao que será o seu segundo proxecto na Liga Asobal, tras o ascenso logrado a pasada tempada,
É a data prevista para a presentación oficial do equipo, pero antes o club pontevedrés quixo confirmar unha nova renovación, coa continuidade doutro home da casa.
Trátase do extremo dereito Dani López, que aos seus 23 anos asegura estar "moi contento de anunciar a miña renovación por un ano máis".
Dani é a peza número 14 do Cisne para o próximo curso, xunto aos renovados Javi Vázquez, Carlos Álvarez, Rubén Sequeiros, Bruno Vázquez, Carlos Ocaña, Iván Calvo, Román Arboleya, Alejandro Conde, André de Moura e Mateo Arias, aos fichados Kilian Ramírez e Gualther Furtado e á continuidade de Roney Franzini, cedido no tramo final de liga.