O décimo aniversario da Tripla Coroa Illas Atlánticas celebrarase cunha travesía Ons-Sanxenxo

Sanxenxo
03 de abril 2025
Actualizado: 17 de xullo

A travesía a nado disputarase o sábado 6 de setembro con 120 participantes

Triple Corona Illas Atlánticas de Natación Atlantic Extreme Sports

Edición especial da Tripla Coroa Illas Atlánticas de natación en augas abertas con motivo do seu décimo anivesario.

Para celebrar a efeméride a organización do evento decidiu organizar unha travesía a nado igual á que iniciou a Tripla Coroa no seu día, entre a illa de Ons e Sanxenxo.

Unha proba con 13 quilómetros de distancia que se disputará o sábado 6 de setembro cun límite de 120 participantes.

A proba de natación, organizada por Atlantic Extreme Sports xunto ao Concello de Sanxenxo, sairá desde a praia de Area dos Cans na Illa de Ons até chegar á praia de Silgar, en Sanxenxo.

Este mesmo venres 4 de abril está prevista a apertura de inscricións para os nadadores que completaron dous e tres edicións da Tripla Coroa Illas Atlánticas entre 2015 e 2024.

A partir do 9 de abril será a quenda para os nadadores que completaron unha edición e o último prazo comezará o 16 de abril para o resto de deportistas até completar as 120 prazas dispoñibles.

Como novidade, este ano organizaranse dúas probas infantís gratuítas de 50 e 150 metros na praia de Silgar, o mesmo día 6 de setembro.

A proba de 50 metros está dirixida a nenos de entre 5 e 8 anos e a de 150 nenos a nenos entre 9 e 13 anos.

As inscricións en todos os casos poderán formalizarse a través do portal www.championchipnorte.com.