Derrota do Peixe Galego en Barcelona que aperta a loita pola permanencia (92-74)

Marín
12 de febreiro 2017

O cadro marinense non logrou superar ao Barcelona B e ve como o filial blaugrana, pechacancelas, aproxímase a dúas vitorias na clasificación co average gañado. O Peixe arrincou o choque con forza pero despois foi a remolque desde o segundo cuarto  

Múgica, nun partido do Peixe Galego Cristina Saiz

Era un partido importante para o Peixe Galego pero tamén complicado, na pista do pechacancelas da competición pero á súa vez dun equipo moi reforzado nas últimas semanas.

O cadro marinense caeu derrotado ante o Barcelona B na cidade condal e ve como se aperta a loita pola permanencia, xa que o filial aproxímase a dous victrias do Peixe e co average ao seu favor.

Os de Javi Llorente arrincaron ben o partido, e lograron dominar un primeiro parcial (19-21) marcado pola igualdade, pero no segundo parcial apareceu a figura de Dago Peña nos locais. O xogador ata hai pouco do Leyma Coruña e fichado tras pagar a súa cláusula de rescición, acumulaba xa ao descanso 16 puntos e 19 de valoración, sendo clave na vantaxe de Barcelona ao intermedio (44-35).

A pesar de que o Peixe volveu a cancha coa intención de que non se lle escapase o partido, a renda seguiu crecendo no terceiro cuarto (72-56) e ao comezo do último parcial, cortando calquera indicio de remontada.

A próxima xornada o Peixe Galego recibirá na Raña ao Ourense Provincia Termal.

Consulta aquí as estatísticas do partido FC Barcelona B-Peixe Galego.